Reset password
Qué é isto?
VR E-learning é unha ferramenta que permite crear experiencias de realidade virtual inmersivas directamente desde un navegador web
Grazas ao poder da tecnoloxía WebVR (WebXR) esta ferramenta pode ser utilizada en múltiples dispositivos, tendo como único requerimento a utilización dun navegador moderno (Firefox, Chrome ou Edge de última xeración).
Para gozar ao máximo das experiencias creadas con esta ferramenta é recomendable o seu uso en visores de Realidade Virtual, onde o usuario poderá ter unha inmersión completa e interactuar físicamente coa experiencia.
En caso de acceder desde outro dispositivo (computador, tablet ou teléfono mobil) a experiencia adaptarase ás caractiristicas do dispositivo, permitindo mais ou menos interacción coa experiencia.
Qué se pode facer con esta ferramenta?
Aquí tes algún exemplo de experiencias creadas coa ferramenta VR E-elearning:
Como usar a ferramenta?
A continuación amosámosche uns pequenos tutoriais para que vexas como podes crear experiencias coa nosa ferramenta:
Crear unha conta
O uso da ferramenta de creación de contornas virtuais do CESGA está limitada á comunidade educativa galega.
Se es profesor/a pública galega e queres utilizar esta plataforma, envíanos por favor os teus datos cubrindo o formulario seguinte, e nun prazo de 24/48 horas procederemos a activar a túa conta.
Solicitude enviada
Solicitude enviada correctamente!
Nun prazo máximo de 48 horas tramitaremos a túa solicitude. Recibirás un correo electrónico no enderezo indicado unha vez se resolva.